martes, 12 de agosto de 2008

Moby Dick


Moby Dick.

Ismael creo que era un pouco malo, porque marchou da súa casa sen permiso dos, seus pais.
Foise para un porto da costa moi lonxe da súa casa , ca intención de embarcarse nun barco baleeiro para vivir unha aventura.

Pero o barco o cal Ismael ía embarcar , xa zarpara , e tiña que esperar tres días a que arribase outro barco.
Foi a unha pousada a pedir aloxamento , e nesa pousada tivo que compartir cama con un indio que se chamaba QUEEQUEG .
Douse a casualidade que QUEEQUEG, estaba aloxado nesa pensión , esperando polo mesmo barco que Ismael , o PEQUOD.
Cando o noso protagonista e mais o seu amigo embarcaron no “Pecuod”, o capitán que se chamaba Acab, mandou xuntar a toda a tripulación na cuberta , para ver que non faltase ninguén.
O capitán díxolles a todos que o que conseguise ver por primeira vez a balea branca Moby Dick , íalle dar unha moeda de ouro .
Un día sentiron un movemento no barco, e o capitán chamou a todos outra vez , e díxolles , que hai que facer o sentir unha balea?
- Dar a voz de alarma!- Exclamaron todos

Un día, por fin, divisaron a balea branca , era Moby Dick!. Que de un chimpo doulles tombo o barco, e Ismael caeu o mar.
Tres día despois apareceu no horizonte a silueta dun navío que logo rescatouno. Ismael foi quen de aguantar todo o tempo agarrado a un anaco de madeira.

Do Capitán Acab, nada mais se soubo del, e de Moby Dick , hai quen di , que aínda se pode ver en calquera dos océanos da terra.

E o noso protagonista , volveu para a súa casa , para xunta os seus pais e nunca mais volveu a ir o mar.

No hay comentarios: